InicioEconomíaOs sindicatos maioritarios na Mariña din non sorprenderse da decisión de instalar...

Os sindicatos maioritarios na Mariña din non sorprenderse da decisión de instalar Altri fóra da comarca

CIG, CCOO e UGT sinalan que "sabiamos que naquel momento, previo á manifestación que convocaramos en Viveiro e que tivo unha participación multitudinaria, esa noticia non era mais que fume, unha manobra de distracción para apartar o foco de atención do realmente importante: a implicación das administracións públicas, Xunta e goberno central".

Publicada o

- Advertisement -

Os principais sindicatos da comarca, CCOO, CIG e UGT, consideran que a noticia da decisión de implantar a empresa de fibra téxtil de Altri en Palas de Rei “supón unha decepción para todas as persoas que apostamos por un futuro industrial para a nosa Comarca”.

Os tres sindicatos, nun comunicado conxunto, lembran que a primeira vez que se falou publicamente da posibilidade de que esta empresa viñese para a Mariña, “foi xustamente días antes das mobilización que promovimos o pasado 17 de outubro en demanda de Futuro para A Mariña”.

As forzas sindicais pediron cautela no seu momento, din nun comunicado conxunto, “diante da euforia xeneralizada que causou esta noticia, a nosa valoración foi de prudencia e cautela”. Indican tamén que naquel momento previo á manifestación que convocaramos en Viveiro e que tivo unha participación multitudinaria, “esa noticia non era máis que fume, unha manobra de distracción para apartar o foco de atención do realmente importante: a implicación das administracións públicas, Xunta e goberno central”.

No documento destacan que horas despois da manifestación de Burela o 17N, “día da histórica Folga Xeral comarcal da Mariña, os mesmos representantes do PP que participaron das reivindicacións coreadas na rúa por milleiros de mariñáns e mariñaos”, votaran no Parlamento de Galicia “en contra da proposta de elaboración dun plan de industrialización para A Mariña, xa fixo saltar as alarmas de moita xente“. Tamén inciden en que os orzamentos do estado e de Galicia “virían a afondar na sospeita de que, novamente, os partidos dos gobernos, dicían unha cousa na Mariña e facían a contraria fóra da comarca”.

A noticia do pasado martes “só é a confirmación do presaxio de que a unanimidade coa que se aprobara no Parlamento a petición do PP de que se instalara na Mariña, non era nada mais que outra manobra de distracción“.

As forzas sindicais ven como “nin as promesas dos alcaldes do PP nin do propio señor Feijóo serviron para nada. Demostraron que a Xunta non ten proxecto de política industrial para a Mariña. Demostraron pouca capacidade para deseñar e organizar o mapa industrial do noso país e un nulo compromiso coa nosa comarca”.

Por último, rematan apuntando que “á Mariña só lle queda unha saída, continuar coa presión, coa mobilización e, desta volta, procurar non perder a memoria”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...